Módulo 1
Pragas dos cultivos: clasificación, descrición e danos que producen.
Módulo 2
Métodos de control de pragas. Importancia dos métodos non químicos. Medios de protección fitosanitaria.
Módulo 3
Estratexias e técnicas para a xestión integrada de pragas. Control biolóxico e outras técnicas alternativas para o control de pragas en distintos cultivos. Principios xerais da xestión integrada de pragas. Toma de decisións en protección fitosanitaria e iniciación á avaliación comparativa. Prácticas de identificación de pragas e de organismos de control biolóxico e o seu manexo.
Módulo 4
Produción integrada e produción ecolóxica.
Módulo 5
Produtos fitosanitarios: substancias activas e preparados comerciais. Descrición e clasificación. Elección de produtos fitosanitarios. Identificación e interpretación das etiquetas e das fichas de datos de seguridade: Clasificación e etiquetaxe. Pictogramas, palabras de advertencia, frases de risco ou indicacións de perigo, consellos de prudencia, síntomas de intoxicación e recomendacións para o usuario. Casos prácticos.
Módulo 6
Riscos derivados da utilización de produtos fitosanitarios para o medio ambiente. Medidas para reducir os devanditos riscos, incluíndo medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Boas prácticas ambientais en relación á preservación dos recursos naturais, biodiversidade, flora e fauna. Protección e medidas especiais establecidas na Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE). Casos prácticos.
Módulo 7
Perigo dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas: – Riscos para o consumidor por residuos de produtos fitosanitarios. Maneira de evitalos e medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Concepto de seguridade alimentaria e Alerta sanitaria. – Riscos para a poboación en xeral e os grupos vulnerables. – Riscos para o aplicador: Intoxicacións e outros efectos sobre a saúde. Vixilancia sanitaria da poboación exposta a praguicidas. Prácticas de primeiros auxilios. – Estruturas de vixilancia sanitaria e dispoñibilidade de acceso para informar sobre calquera incidente ou sospeita de incidente.
Módulo 8
Medidas para reducir os riscos sobre a saúde: Niveis de exposición do operario. Posibles riscos derivados de realizar mesturas de produtos. Medidas preventivas e de protección do aplicador. Equipos de protección individual.
Módulo 9
Prácticas de identificación e utilización de EPIs.
Módulo 10
Secuencia correcta durante o transporte, almacenamento e manipulación dos produtos fitosanitarios.
Módulo 11
Tratamentos fitosanitarios. Preparación, mestura e aplicación.
Módulo 12
Métodos de aplicación de produtos fitosanitarios. Factores a ter en conta para unha eficiente e correcta aplicación. Importancia da dosaxe e dos volumes de aplicación. Casos prácticos.
Módulo 13
Equipos de aplicación: descrición e funcionamento.
Módulo 14
Limpeza, regulación e calibración dos equipos.
Módulo 15
Mantemento, revisións e inspeccións periódicas dos equipos.
Módulo 16
Practicas de revisión e calibración de equipos. Riscos relacionados co uso de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
Módulo 17
Practicas de aplicación de tratamento fitosanitarios.
Módulo 18
Eliminación de envases baleiros. Sistemas de xestión. Normativa.
Módulo 19
Rastrexabilidade. Requisitos en materia de hixiene dos alimentos e dos pensos. Rexistro de pragas e de tratamentos nas explotacións agrarias. O caderno de explotación.
Módulo 20
Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais.
Módulo 21
Seguridade social agraria.
Módulo 22
Normativa que afecta á utilización de PF: Compra, transporte e almacenamento. Autorización e rexistro de produtos fitosanitarios, e medida en que afecta á utilización dos mesmos.
Módulo 23
Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso. Infraccións, sancións e delitos.
| Central- Vigo Delegaciones - Pontevedra | Madrid | Sevilla | Barcelona | Canarias |
Centro de formación ICA S.L. , CIF B-36995934 ©
2026 Contactar | Términos de uso | Política de privacidad | Politica de calidad | Politica de seguridad |